martes, 20 de abril de 2010

Localización e Orixe

A Casa De Turismo Rural "El Molino de Cerceda" localizase no lugar de Pedamua, no municipio de Cerceda. Ten unha boa localización con respeto o centro do pobo, tan solo 2km. de distancia; e coa cidade da Coruña a uns 20 minutos aproximadamente.
El Molino de Cerceda abriu como empresa no ano 2007, pero previamente foi un antigo muíño de máis de 200 anos restaurado polo seu propietario.
Este muíño pertenceu a mesma familia ata aproximadamente os anos 50, unha familia de Meirama,pero foi pasando a outros donos ata que o actual propietario o mercou debido a que estaba embargado polo banco dende facía uns 10 anos atrás.
Unha das características que máis chama a atención de esta Casa, e estar o pé do río Anllóns, que nace en Monte Xalo, cerca do municipio de Cerceda.

http://www.youtube.com/watch?v=uEgUvzNiUZ0&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=zphI_9hy1cg&feature=related

Nestes dous vídeos pódese ver o entorno no que se sitúa a Casa de Turismo Rural.